Declaración de accesibilidade

Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 comprometeuse a facer accesible este sitio web consonte o Real Decreto 1112/2018, do 7 de setembro, sobre accesibilidade dos sitios web e aplicacións para dispositivos móbiles do sector público.

Situación de cumprimento

Este sitio web é parcialmente conforme co RD 1112/2018 debido ás excepcións e á falta de conformidade dos aspectos que se indican a continuación.

Contido non accesible

O contido que se recolle a continuación non é accesible polo seguinte:

  • Falta de conformidade co RD 1112/2018 No portal poden existir contidos noutros idiomas nos que non está etiquetado correctamente o cambio de idioma
  • Carga desproporcionada Non aplica
  • Contido que non entra dentro do ámbito da lexislación aplicable
     

Preparación da presente declaración de accesibilidade

A presente declaración de accesibilidade foi preparada o 4 de febreiro de 2020.

O método empregado para a presente declaración foi unha autoavaliación realizada polo propio Ministerio.

Última revisión da declaración: 4 de febreiro de 2020

Observacións e datos de contacto

Pode realizar comunicacións sobre requisitos de accesibilidade (artigo 10.2.a do RD 1112/2018) como por exemplo:

  • informar sobre calquera posible incumprimento por parte deste sitio web
  • transmitir outras dificultades de acceso ao contido
  • formular calquera outra consulta ou suxestión de mellora relativa á accesibilidade do sitio web

a través do correo electrónico dtsi@consumo.gob.es. As comunicacións serán recibidas e tratadas pola División de Tecnoloxías e Servizos da Información do Ministerio de Consumo.

Procedemento de aplicación

O procedemento reclamación recollido no artigo 13 do RD 1112/2018 entrou en vigor o 20 de setembro de 2020.

Contido opcional

Este sitio web:

  • deseñouse adaptándose aos estándares e normativas vixentes en relación á accesibilidade, cumprindo cos puntos de verificación de prioridade 2 (AA) definidos na especificación de Pautas de Accesibilidade ao Contido na Web (WCAG 2.1)
  • cumpre cos requisitos da Norma UNE-EN 301549 v1.1.2:2015, considerando as excepcións do Real Decreto 1112/2018
  • está deseñado para a súa correcta visualización en dispositivos de escritorio, tablet e móbiles para unha resolución mínima de 1280x1024
  • realizouse utilizando HTML5 como linguaxe de marcado e follas de estilo CSS 3 para o seu deseño
  • está deseñado para o seu uso con javascript non intrusivo ofrecendo, no caso de que o seu navegador non o soporte, a súa correspondente alternativa non javascript

Tamaño do texto

Empregáronse fontes con tamaños relativos de xeito que se o usuario prefire unha fonte maior poderá seleccionala a través das opcións de tamaño de texto do seu explorador, xeralmente Ctrl+ (control máis) para ampliar, Ctrl- (control menos) para reducir.

Estrutura das páxinas

Este portal está deseñado cun formato común para todas as páxinas de forma que a familiarización co contido da mesmas sexa sinxela para conseguir unha mellor navegación para as persoas que precisan Axudas técnicas.

As páxinas compóñense, a grandes trazos, das seguintes zonas:

  • Cabeceira, con acceso á páxina de inicio, mapa do sitio, formulario de contacto, acceso ás versións cooficiais, buscador avanzado e redes sociais
  • Menú principal de navegación, coas opcións principais da web
  • Zona central de contidos que variará en función de se a páxina é a páxina principal do sitio, unha subhome, sumario, documento ou buscador avanzado
  • , no que se inclúe a información do Ministerio.