www.dsca.gob.es é un dominio na Internet da titularidade do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 (CIF S2801445D). Paseo del Prado, 18-20 28014 Madrid.
O uso do sitio web implica a expresa e plena aceptación das condicións aquí expostas.
O seu contido é simplemente informativo e carece de efectos xurídicos vinculantes para a Administración.
Autorízase a reprodución total ou parcial, modificación, distribución e comunicación da información dispoñible neste sitio web, con excepción dos contidos sobre os que existan dereitos de propiedade intelectual ou industrial por parte de terceiros.
O uso haberá de facerse con suxeición aos seguinte termos:
- Non se autoriza a desnaturalización do contido da información.
- O usuario debe facer constar a fonte e a data dos documentos utilizados.
- A través deste sitio web non se obteñen datos de carácter persoal dos usuarios sen o seu coñecemento, nin se ceden a terceiros. Os datos persoais obxecto de tratamento obtéñense e trátanse de acordo co Regulamento UE/2016/679, do 27 de abril de 2016, Xeral de Protección de Datos (RXPD).
Uso de enderezos IP e cookies, recollida de datos estatísticos
A navegación dun usuario neste portal, ao igual que en calquera outro sitio web, deixa como rastro o enderezo IP que nesa sesión lle foi asignada polo seu provedor de acceso á Internet. O rexistro do devandito enderezo IP serve para fins exclusivamente internos, como son as estatísticas de acceso ao portal.
Este portal utiliza cookies propias e de terceiros para facilitar a navegación e estatísticas deste. Ver política de cookies.